Ir o contido principal

Curso 2020-2021

Presentación da cuarta edición do Mestrado Interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade

25.05.2020-27.05.2020

Presentación en Microsoft Teams

Esta titulación multidisciplinar é única en todo o noroeste de España grazas aos seus 27 docentes, que integran sete grupos de investigación de especialidades variadas

Logotipo do mestrado
Logotipo do mestrado

O próximo curso 2020-2021 arrinca a cuarta edición do mestrado interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade, coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela. Este título conta coa participación de todas as institucións galegas relacionadas coa docencia e investigación en Arqueoloxía, grazas á incorporación para esta edición da Universidade da Coruña, que se suma á Universidade de Vigo, ao Incipit-CSIC e á USC.

O vindeiro xoves 28 de maio de 2020, ás 18.00 horas, a través de Microsoft Teams, os coordinadores do mestrado das tres universidades presentarán o programa en profundidade. As persoas interesadas en asistir á presentación deben inscribirse premendo aquí antes do 26 de maio, para recibir o mércores 27 de maio unha invitación desde Microsoft Teams para acceder á presentación en directo.

Este mestrado é unha titulación multidisciplinar, única en todo o noroeste de España e aberta a calquera disciplina de grao. Esta amplitude é posible grazas ao labor da trintena de docentes que a imparten procedentes de sete grupos de investigación de especialidades diversas. 

Os obxectivos formativos do título se dividen en dúas vertentes. Por unha banda, ensinar as múltiples facetas teóricas e prácticas da Arqueoloxía como disciplina, en toda a súa complexidade, e facendo especial énfase na variedade de técnicas e metodoloxías científicas como a arqueometría de materiais orgánicos e inorgánicos, paleoambiente, antropoloxía física, xeoloxía, tecnoloxías xeoespaciais, e demais disciplinas que contribúen á reconstrución do pasado. 

Por outra banda, cunha perspectiva máis histórica, este mestrado tamén permite profundar no uso e análise das fontes arqueolóxicas, literarias e iconográficas como elementos básicos da investigación de distintos períodos históricos (Prehistoria, Protohistoria, o Mundo Antigo, Época medieval, Moderna e Contemporánea) e diversos espazos xeográficos (principalmente Noroeste Península Ibérica, pero tamén outros territorios: Próximo Oriente, Canadá, Europa e Sudamérica).
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.05.2020.