O reitor Antonio López presidirá o acto no que estará acompañado polo vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa, e polo xefe do Servizo de Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala.

Os 'Esenciais' son un recurso orientado a apoiar o traballo do profesorado e do alumnado nos seus diferentes papeis na docencia. Trátase de resumir, en moi poucas follas, unha materia ou unha parte significativa dela, de modo que este material acabe converténdose nunha guía de referencia que acompañe ao alumnado no proceso de aprendizaxe dos contidos dunha materia.
Os 'Esenciais' constitúen un resumo executivo do curso con información veraz e contrastada fronte a fontes dixitais non verificadas e servirán para mellorar a comunicación lingüística en galego no eido científico na Universidade.