Ir o contido principal

Presentación da nova Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial

Esta estratexia constitúe unha das propostas fundamentais do Plan España Dixital 2025

Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA)
Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA)

O CiTIUS será escenario de presentación da nova Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA), unha iniciativa anunciada en decembro polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que conta cun investimento público de 600 millóns de euros para o período 2021-2023 e constitúe unha das propostas fundamentais do Plan España Dixital 2025, lanzado o pasado mes de xullo. 

Carme Artigas Brugal, secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, será a encargada da presentación en liña a través de Zoom, onde estará acompañada por Antonio López, reitor da Universidade de Santiago, e o catedrático de Intelixencia Artificial Senén Barro, director científico do CiTIUS. Tamén, o evento poderá verse a través da canle de YouTube do CiTIUS.

O obexectivo da ENIA é aliñar as políticas nacionais destinadas a fomentar o desenvolvemento e o uso da IA en España, e pretende ser un punto de encontro entre as demandas de tódalas partes interesadas, conciliando as inquietudes da comunidade científica, a industria, a sociedade civil e as comunidades máis vulnerables, pero sobre todo busca comprender e previr as implicacións que expón a rápida introdución da Intelixencia Artificial en ámbitos sociais básicos. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2021.