Ir o contido principal

Xornada

Presentación das 'Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero'

10.09.2020 | 11.00h

Videoconferencia

A inauguración contará cos reitores das tres universidades galegas, a directora da ANECA e o directora da ACSUG

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

A Xornada presentación das 'Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero' terá lugar en streaming o vindeiro xoves 10 de setembro a partir das 11.00 horas, e nela participarán como relatoras Tània Verge Mestre, da Universidade Pompeu Fabra; Encina Calvo Iglesias, da Universidade de Santiago de Compostela; e Esperanza Bosch Fiol, da Universidade das Illas Baleares. A inauguración contará tamén coa participación virtual do reitor da USC Antonio López, así como con Julio Abalde, reitor da UDC; Manuel Joaquín Reigosa, reitor da UVigo; Mercedes Siles, directora da ANECA; José Eduardo López, director da ACSUG; e a representante da secretaría xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

'Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero' é unha colección de once guías temáticas promovida e editada orixinalmente en catalán pola Xarxa Vives d’Universitats e trasladada a lingua galega, no marco das iniciativas financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e desenvolvidas polas oficinas de igualdade do Sistema Universitario Galego.

Ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta para unha docencia universitaria sen nesgos de xénero en diferentes disciplinas e ámbitos de coñecemento: as ciencias da computación; o dereito e a criminoloxía; a educación e a pedagoxía; a filoloxía e a lingüística; a filosofía; a física; a historia; a historia da arte; a medicina; a psicoloxía e a socioloxía, a economía e a ciencia política. 

A colección, publicada conxuntamente polas tres universidades galegas, responde ao interese de proporcionar material didáctico ao profesorado universitario, co fin de favorecer, facilitar e promover a inclusión da perspectiva de xénero nas materias que se imparten na educación superior galega. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2020.