Ir o contido principal

Presentación do informe executivo GEM Galicia

19.11.2024 | 10.00h

Sede da Confederación de Empresarios de Galicia. Rúa do Vilar 54
Santiago de Compostela

O informe estuda o emprendemento en Galicia. Ilustración: GEM Galicia
O informe estuda o emprendemento en Galicia. Ilustración: GEM Galicia

O informe executivo GEM Galicia 2023-2024, que estuda o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras en Galicia e no que participou persoal investigador da USC, será presentado este martes 19 de novembro a partir das 10.00 horas nunha xornada que se desenvolverá na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) na rúa do Vilar. Na inauguración estarán presentes o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites; o reitor da USC Antonio López e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta, Marta Mariño.

A presentación dos resultados do informe corre a cargo das profesoras da USC Loreto Fernández, directora do equipo GEM Galicia, e Isabel Neira Gómez, directora técnica do informe, xunto coa profesora Nuria Calvo, da Universidade da Coruña, directora técnica de GEM España.

Concluirá a xornada cunha mesa redonda sobre 'Emprender no rural', que moderará o director da Relacións Laborais da CEG, José Antonio Neira, e na que participarán a responsable de comercio electrónico da Casa Grande de Xanceda, María Bermúdez; a directora de Pazo de Vilane Nuria Varela-Portas e o director de operacións do Grupo Lence, Jesús García. 

O equipo de investigación GEM Galicia estuda o emprendemento na comunidade e realiza de informes anuais para apoiar e impulsar iniciativas emprendedoras- Co apoio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia, o equipo GEM ten a súa sede na Universidade de Santiago de Compostela, contando con persoal investigador das tres universidades galegas, e formando parte do Observatorio de Emprendimiento de España (Red GEM Spain) e do consorcio Global Entrepreneurship Monitor Global (GEM Global).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2024.