Ir o contido principal

Presentación Informe Executivo GEM Galicia 2020-2021

A directora técnica do estudo, Isabel Neira, presentará os datos na Facultade de ADE no marco dunha sesión que inclúe unha mesa redonda sobre emprendemento sostible no sector agroalimentario moderada por Roberto Bande

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión

A directora técnico do Informe Executivo GEM Galicia 2020-2021, Isabel Neira, presentará o venres 19, a partir das 11.00 horas,  os datos compilados neste estudo na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, no marco dunha sesión que inclúe tamén unha mesa redonda sobre emprendemento sostible no sector agroalimentario que estará moderada polo decano do centro, Roberto Bande.

O director do Igape, Fernando Guldrís; a directora do equipo GEM Galicia, Loreto Fernández; o adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, e o deputado provincial Pablo Rivera Capón tamén participarán na presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2020-21, unha sesión na que tamén estarán representados o Concello de Lugo e a Confederación de Empresarios de Lugo.

Unha vez completada a presentación do informe, Sergio Martínez, de Innolact; Noemí Rodríguez, de Himikode, e Inmaculada Rodríguez, en representación de UNIRISCO, afondarán sobre o emprendemento sostible arredor do sector agroalimentario nun coloquio.

As persoas interesadas en tomar parte na xornada de presentación do Informe GEM Galicia 2020-21, que se poderá seguir de xeito telemático ou presencial, deberán formalizar a súa inscrición en liña.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2021.