Como preámbulo do XXI Congreso Nacional da Sociedade Española de Bioloxía Celular, o biólogo profesor da Universidade Pompeu Fabra Alfonso Martínez Arias presentará o 21 de outubro o seu libro Las arquitectas de la vida. O acto, que moderará o divulgador e responsable do programa Efervesciencia da Radio Galega, Manuel Vicente, terá lugar ás 17.00 horas no IES Rosalía de Castro.
En Las arquitectas de la vida. Cómo la nueva ciencia celular está reescribiendo la historia del ser humano Martínez Arias revoluciona o campo da bioloxía ao formular un cambio de paradigma: o que nos define non son os xenes, senón as células.
Baseándose na súa investigación pioneira, o autor revélanos que estamos compostos por unha sinfonía de células emocionantemente complexa e en constante reorganización que sabe contar, sentir e que dá forma ao noso corpo. No centro de todo, para o profesor hai unha nova e poderosa concepción da esencia da vida: as nosas identidades confórmanse polas interconexións existentes entre as células, que cooperan para crear algo maior que elas mesmas: o liñaxe ininterrompido que nos conecta co óvulo fecundado a partir do cal nos desenvolvemos e coa primeira célula viva da Terra.