Ir o contido principal

Presentación do libro ‘La Educación Física en la Escuela: Recursos, experiencias y prácticas innovadoras en Educación Infantil e Primaria’

07.05.2024 | 16.30h

Santiago de Compostela
Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)

A presentación será na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).
A presentación será na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

O libro La Educación Física en la Escuela: Recursos, experiencias y prácticas innovadoras en Educación Infantil e Primaria (Dykinson eBook) preséntase na tarde do martes 7 de maio, ás 16.30 horas na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte).

Coordinado por Raúl Eirín Nemiña, Jesús Rodríguez e Diana Marín Suelves, o libro recolle recursos que poden resultar de interese para a comunidade educativa. Ofrece á vez algúns estudos centrados na análise de experiencias concretas levadas a cabo nos últimos anos que poñen de releve as posibilidades educativas que proporciona a Educación Física na escola, desde a aprendizaxe de procedementos e estratexias, a socialización, a resolución de conflitos e o fomento da autonomía e a toma de decisións.

Ademais dos coordinadores, intervirán no acto algúns dos autores e autoras como José Pablo Franco López, Carol Jean Gillanders, Javier Rico Díaz, Geno Rodríguez Fernández, Silvia López Gómez e Ana Rodríguez Guimeráns.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2024.