Ir o contido principal

Presentación do libro ‘La gestión cultural en la era digital’

6/7/2022 - 10.00 horas

Salón de Graos

Os profesores da USC e coordinadores deste volume, Gonzalo Fernández Suárez e Dolores Fernández Tilve, explicarán os contidos e o obxecto desta publicación nun acto no que tamén intervirá o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez

Facultade de Humanidades da USC
Facultade de Humanidades da USC

O decano da Facultade de Humanidades da USC, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, e a tamén profesora da USC na Facultade de Ciencias da Educación e diretora do grupo de investigación Atalaia, Mª Dolores Fernández Tilve, presentarán o mércores 6 xullo, a partir das 10.00 horas, no salón de graos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, o libro ‘La gestión cultural en la era digital’, no marco dun acto no que, entre outras autoridades académicas e políticas, tamén intervirá o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2022.