Ir o contido principal

Presentación do libro ‘Handbook of public policy in Latin America’

21.10.2025 | 13.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Detalle da capa do libro
Detalle da capa do libro

O salón de actos do Idega será o escenario o martes 21 da presentación do volume Handbook of public policy in Latin America na que participan o profesor da Facultade de Ciencias Políticas Ramón Bouzas Lorenzo e César N. Cruz-Rubio, co editor da publicación xunto con o con xunto con Leonardo Secchi.

A presentación, organizada polo Grupo de Investigación Social e Políticas Públicas (ISOPOLIS) e o Idega, terá lugar ás 13.00 horas.

Cunha variedade de persoal académico e profesional recoñecido no eido internacional, este manual ofrece un panorama completo da investigación en políticas públicas en América Latina. Presenta diversas perspectivas sobre o proceso de formulación de políticas, desde enfoques históricos, descritivos e prescritivos ata análises críticas e feministas.
 

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2025.