Con el o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias recoñecen este científico

A Universidade de Santiago acolle este xoves 3 a presentación do volume José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime, obra coa que o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Ciencias recoñecen este científico homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 2024.
Na presentación participan o reitor da USC, Antonio López; a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; o presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio; a decana da Facultade de Matemáticas de membro do Pleno do CCG, Elena Vázquez Cendón; o alcalde de Lalín, Xosé Crespo; o editor do volume, Juan José Nieto Roig; e os autores, José Ángel Docobo, Daniel González Alén e José Manuel García Iglesias.