Claudio Rodriguez Fer participa na presentación da obra editada pola Cátedra Valenta de Poesía e Estética da USC, sesión á que seguirá un recital poético colectivo

O Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, que dirixe o poeta e profesor Claudio Rodríguez Fer, presentará este xoves 16 de xaneiro, a partir das 20.15 horas, na Librería Biblos de Lugo, o volume no que o doutor e profesor na Universidade Federal do Amazonas (Brasil) Saturnino Valladares compila diversos poemas e outras composicións dedicadas ao autor ourensán durante os séculos XX e XXI. Esta obra, que vén de ser editada pola Cátedra de Poesía e Estética da USC inclúe na súa cuberta a reprodución dunha colaxe da artista galega Julia Huete.
O acto de presentación deste novo volume contará coa participación de Julián García, da Librería Biblos, así como dos xa citados Rodríguez Fer e Saturnino Valladares, terá continuidade coa celebración dun recital poético colectivo, no que diversas persoas lerán poemas dedicados a Valente por Vicente Aleixandre, Antonio Gamoneda, José Agustín Goytisolo, Blanca Varela, Germain Droogenbroodt, Luz Pozo Garza ou Claudio Rodríguez Fer.
A lectura dos versos e demais composicións referidas a José Ángel Valente correrán a cargo do propio Rodríguez Fer e do autor desta obra, así como das profesoras Carmen Blanco, Felisa Redondo e Martázul Busto, da hispanista Manuela Aira, da periodista Tonina Gay e da cantante Pilocha.