Ir o contido principal

Presentación da monografía 'Specula Populi Romani. Revisitando el papel de la ciudad romana'

21.05.2024 | 19.00h

Pazo de Montenegro
Lugo

Os profesores da USC Dolores Dopico e Manuel Villanueva dirixen a colección na que se enmarca a obra

A presentanción terá lugar no Pazo de Montenegro
A presentanción terá lugar no Pazo de Montenegro

A monografía Specula Populi Romani. Revisitando el papel de la ciudad romana profunda nun elemento estrutural do mundo antigo, a cidade. Unha vintena de investigadores e investigadoras de diversas universidades e centros de España, Portugal, Francia e Italia integran esta obra que será presentada, nun acto aberto ao público, o martes 21, ás 19.00 horas, na Sala de Prensa do Pazo de Montenegro.

A sesión contará coas intervencións de Dolores Dopico, directora científica do Museo Universitario A Domus do Mitreo e da colección na que se enmarca a obra; o profesor da USC Manuel Villanueva, tamén director científico da colección; Antonio Álvarez Rodríguez, adxunto para o Campus de Lugo da USC; e Iria Castro Fernández, deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo.

A obra pertence á colección Philtáte, editada polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo que chega xa ao seu sexto número. O acto desenvólvese en maio co gallo da conmemoración do Día Internacional dos Museos cada día 18 deste mes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2024.