(Campus Vida)
As probas de acceso á escola e á compañía de teatro universitaria celebraranse entre o luns 28 e o mércores 30 de setembro a partir das 18.00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño

A Aula de Teatro da USC organiza este xoves 24 unha xornada de presentación do seu programa de actividades na que será posible resolver todas as posibles dúbidas sobre o desenvolvemento das actividades neste curso así como coñecer de primeira man a programación da escola e da compañía universitarias. As probas de acceso terán lugar do luns 28 ao mércores 30 de setembro.
A partir do 5 de outubro será posible realizar a matrícula na escola de teatro e unha semana despois, a partir do 13 de outubro, comezarán as aulas desta escola teatral. O acceso ás instalacións da Sala de Teatro universitaria estarán acondicionadas cos oportunos protocolos sanitarios en material de protección á COVID-19 e de ser necesario organizaranse quendas para garantir o aforo da Sala.