Salón de Graos
Os estudantes de cuarto curso do grao en ADE Catherine Vales, Carla Fernández e Diego Rivas explicarán ao resto do alumnado e ao profesorado do centro as particularidades do proxecto de innovación turística que vén de ser galardoado no Talent Macht de Hotusa

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebrará este venres 29 de abril, ás 11.45 horas, no Salón de Graos do centro, un acto de homenaxe aos estudantes de cuarto curso do grao en Administración e Dirección de Empresas Catherine Vales, Carla Fernández e Diego Rivas, que veñen de ser galardoados na última edición do Talent Macht do grupo Hotusa polo proxecto turístico de Slow Travel ‘Eurowheels’.
O decano da Facultade de ADE da USC, Roberto Bande, será o encargado de presidir esta sesión, na que tamén participará a profesora Miriam Gómez Barreiro, en calidade de coordinadora e titora deste equipo estudantil, e durante a que o alumnado dará conta das característica e vantaxes que presenta este innovador proxecto turístico.