Sala de Xuntas
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, preside este martes, ás 11.30 horas, a sesión inaugural dun programa sobre xestión de auga rexenerada para a rega de cultivos no que participan 16 entidades europeas

O proxecto Interreg ‘I-ReWater. Xestión sostible dos recursos hídricos na agricultura de rega no espazo Sudoe’, un programa coordinado polo investigador do grupo PROePLA da USC Javier J. Cancela Barrio no que participan 16 entidades e institucións europeas e que conta cun orzamento de 2,2 millóns de euros, financiados nun 75% con fondos FEDER, bota a andar este martes, a partir das 11.30 horas, na sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra.
O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, ofrecerá a benvida ao persoal investigador e demais representantes das entidades, institucións e empresas que toman parte desta iniciativa comunitaria, no marco dunha sesión inaugural na que tamén intervirán o catedrático da USC e coordinador do grupo Proxectos e Planificación (PROePLA), Manuel Marey; a alcaldesa do Concello de Lugo, Paula Alvarellos; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o secretario da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago.