Ir o contido principal

Presentación de resultados dos proxectos de I+D+i Nanofluidetec e Digital Biocov

11/05/2023 - 10.00 horas

Salón de Graos

A directora da GAIN, Patricia Argerey, e a decana da Facultade de Ciencias, Asteria Luzardo, abren o xoves 11 de maio, ás 10.00 horas, a sesión na que os consorcios que desenvolveron estes dous proxectos, darán conta dos resultados acadados

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

A directora da GAIN, Patricia Argerey, e a decana da Facultade de Ciencias da USC, Asteria Luzardo, abren o xoves 11 de maio, ás 10.00 horas, no Salón de Graos do centro universitario lugués, a sesión de presentación dos resultados dos proxectos de I+D+I Nanofluidetec (Detección rápida e automatizable para SARS-Cov-2 baseada en PCR, nanotecnoloxía y microfluídica) e Digital Biocov (Predición temperá de actividade anti-COVID-19 sobre biomoléculas presentes en fungos e microalgas mediante a aplicación de técnicas de Machine Learning integrando datos biolóxicos e químicos).

Unha vez rematada a apertura da sesión, os representantes dos consorcios implicados no desenvolvemento destes proxectos de investigación dará conta dos resultados acadados. Esta actuacións están subvencionadas pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e contan con financiamento con cargo a fondos FEDER e co apoio da Xunta de Galicia, a través de la vicepresidencia segunda e da Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Esta actuación está financiada a través do programa CONECTA COVID 2021 no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2023.