Ir o contido principal

Exposición

Presentación e visita guiada pola exposición 'Neopórtico'

22.09.2021 | 14.00h

Evento organizado pola Facultade de Ciencias da Comunicación

Alumnas da facultade na exposición. Foto: Santi Alvite
Alumnas da facultade na exposición. Foto: Santi Alvite

Co gallo da exposición 'Neopórtico', o vindeiro mércores 22 de setembro ás 14.00 horas terá lugar unha presentación no espazo ocupado pola mostra, a rentes da cafetería, que incluirá unha visita guiada por parte do escultor e compañeiro da facultade Fernando Pereiro, Nonaut. Tamén participará o artista compostelán Nolo Suárez dicindo unhas verbas tocante ao traballo do autor. 

O acto, no que serán de cumprimento obrigatorio todas as  medidas sanitarias vixentes, está dirixido á comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2021.