Ir o contido principal

Presentación do Web dos Apelidos

13.02.2025 | 12.00h

Salón de Graos

Filoloxía móstrache como restituir o teu apelido á forma correcta
Filoloxía móstrache como restituir o teu apelido á forma correcta

Moitos dos apelidos con aparencia castelá, como Seijas ou Mayo, son o produto da deformación dun apelido orixinariamente galego. O que moita xente non sabe é que é posible restituír os apelidos á súa forma galega correcta, e para iso a comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía elaborou un web que achega toda a información necesaria para facelo.

Este web presentarase o xoves 13 de febreiro ás 12 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía nun acto público no que participarán o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, e a vicedecana da Facultade, Elsa González Álvarez.

Cartel da iniciativa
Cartel da iniciativa
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2025.