13 e 14 de outubro
As xornadas esténdense ata o venres 14

O reitor Antonio López inaugura este xoves 13 de outubro, ás 10.00 horas, na Facultade de Dereito, as Xornadas Conimbricenses 'Problemas e retos dp Dereito actual'. Acompañarano a decana do centro, Ana Gude, e José Manuel Gonçalves Santos Quelhas, en representación da Facultade de Dereito da Universidade de Coimbra. As xornadas esténdense ata o venres 14 e abordarán a través de diversas mesas redondas cuestións como o arrendamento no dereito romano, o dereito á dignidade, os actos administrativos, ou a intelixencia artificial no eido tributario, entre outros aspectos.