Ir o contido principal

Relatorio

Protección de datos e investigación: claves prácticas para ter éxito

18.10.2022 | 10.00h-12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC organiza esta conferencia de José Julio Fernández Rodríguez sobre protección de datos e investigación

O CITIUS organiza o relatorio 'Protección de datos e investigación: claves prácticas para ter éxito'
O CITIUS organiza o relatorio 'Protección de datos e investigación: claves prácticas para ter éxito'

O CITIUS acolle o vindeiro martes, 18 de outubro, a partir das 10.00 h, o relatorio 'Protección de datos e investigación: claves prácticas para ter éxito', co profesor da USC e director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG), José Julio Fernández Rodríguez.

Neste actividade presentaranse os principais aspectos relacionados coa protección de datos de investigación e os protocolos existentes dentro da universidade para conseguir as autorizacións necesarias para levar a cabo un proxecto de investigación que implica a recollida de datos. Así, trataranse tópicos como a protección de datos como dereito fundamental, as obrigacións que se deben cumprir e principios que seguir; os datos especiais; as especificidades na actividade investigadora; a análise de riscos; a problemática da anonimización; o protocolo para unha investigación e o  comité de bioética.

O encontro pode seguirse en liña na seguinte ligazón.

Sobre o relator

José Julio Fernández Rodríguez é Doutor en Dereito, licenciado en Dereito, en Ciencias Políticas e Sociais, en Xornalismo, e en Comunicación Audiovisual. Diplomado en Estudos de Seguridade e Defensa. Profesor titular de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela (catedrático acreditado), onde é o director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG). Autor de numerosas publicacións científicas, entre as que se achan estudos sobre a relación entre tecnoloxía e dereitos fundamentais, internet, ciberseguridade ou protección de datos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2022.