05.11.2024 | 18.00h

Este martes 5 de novembro a partir das 18.00 horas proxéctase no Salón de Actos da Facultade de Filosofía a miniserie de animación 'Máis aló do xardín' ('Over the garden wall') (2014), unha creación do xénero 'dark fantasy' dirixida por Katie Krentz e Patrick McHale (VOSE).
Esta é unha actividade organizada polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía e forma parte do proxecto Cultura en Mazarelos do centro, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o estudantado da USC. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.