Ir o contido principal

Proxección de 'Amanece, que no es poco'

04.06.2025 | 18.00h

Salón de Actos

Detalle do cartel
Detalle do cartel

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, será o mércores 4 ás 18:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía coa proxección do filme Amanece, que no es poco (1989), do cineasta español José Luis Cuerda.

José Luis Cuerda (1947-2020) é coñecido principalmente pola súa adaptación cinematográfica de 1987 da novela El bosque animado, do escritor galego Wenceslao Fernández Flórez, e polo filme La lengua de las mariposas (1999), inspirado en relatos do escritor, tamén galego, Manuel Rivas, sobre a infancia dun rapaz nun contorno rural durante o alzamento contra a IIª República. O filme posterior Todo es silencio (2012) baséase tamén nunha novela de Manuel Rivas. Cuerda foi tamén produtor de varios filmes de A. Amenábar (Tesis, Abre los ojos, Los otros).

Esta é unha actividade do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Cultura e Estudantes e cun recoñecemento de 2 créditos ECTS para todo o estudantado da universidade compostelá. 

A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.
 

Cartel da proxección
Cartel da proxección
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2025.