Ir o contido principal

Proxección da curtametraxe 'Habitar' de Anxos Fazáns

28.01.2025 | 17.00h

Salón de Actos

Ciclo CineFilo

Cartel do evento
Cartel do evento

O quinto ciclo de CineFilo, o clube de cinema da Facultade de Filoloxía, que celebra xa o seu segundo ano de vida, desenvolverá o martes 28 de xaneiro no Salón de Actos a súa sesión inaugural.

Nesta ocasión, proxectarase a curtametraxe Habitar de Anxos Fazáns, asentada na actualidade como unha das figuras de renovación do cinema contemporáneo galego e cuxo filme foi premiado na Mostra de Cinema Etnográfico (MICE) como mellor produción galega na edición do 2024. A propia autora asistirá a esta proxección.

A súa obra desenvólvese principalmente entre os anos 2014, coa estrea da curta Direcciones, e 2023, con Habitar. Ademais, conta cunha importante filmografía onde destacan a longametraxe A estación violenta (2017), multinominada nos Premios Mestre Mateo, ou a curtametraxe Analóxica (2019), producida pola célebre Erika Lust.

CineFilo
Esta quinta edición contará cun total de 9 sesións entre o 28 de xaneiro e o 6 de maio. Nesta ocasión, parte da súa programación formará parte das actividades enmarcadas na celebración do 50º aniversario da Facultade de Filoloxía, de xeito que haberá un maior número de áreas representadas que achegarán un maior enfoque filolóxico.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2025.