07.06.2023 | 18.00h
Obras de Norman McLaren, Jan Švankmajer, Zbigniew Rybczyński, Caroline Leaf, Robert Morgan e Phil Mulloy.

O CineClub Mazarelos da Facultade de Filosofía programa o mércores día 7 de xuño ás 18.00 h a proxección en VOSE dunha selección de curtametraxes de animación experimentais, entre as que se contan obras de Norman McLaren, Jan Švankmajer, Zbigniew Rybczyński, Caroline Leaf, Robert Morgan e Phil Mulloy.
O pase, que será presentado por Xavier de Donato, terá lugar no Salón de Actos do centro e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.