Ir o contido principal

Ciclo de cinema 'DACH-Kino'

Proxección de curtametraxes do cinema austríaco

03.05.2022 | 19.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O principio DACH baséase no recoñecemento fundamental da diversidade dos países de fala alemá, principalmente Alemaña, Austria e Suíza.

Fotograma de 'Topfpalmen' (Austria, 2020)
Fotograma de 'Topfpalmen' (Austria, 2020)

O Centro de Linguas Modernas da USC, o​ lect​orado do Deutscher Akademischer Austauschdienst (DAAD) e Österreichischer Austauschdienst (OeAD), en cooperación co Foro Cultural de Austria en Madrid, a AT Filmakademie e o Goethe-Institut organizan 'DACH-Kino', un ciclo de cinema arredor dos filmes dos países de lingua alemá que pretende dar a coñecer a súa riqueza e a diversidade cultural e lingüística. 

Coordinado por Laura Stupperich, Sebastian Windisch e José Manuel Pérez Pena, o ciclo programa do 29 de marzo ao 10 de maio unha serie de seis filmes que destacados das cinematografías alemá, austríaca e suíza. Todas as  proxeccións serán os martes ás 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

A quinta das sesións terá lugar o martes 3 de maio coa proxección e curtametraxes en cooperación entre a Academia do Cinema Austríaco e o Ministerio Federal de Asuntos Europeos e Internacionais, que tamén inclúe curtametraxes de Premios do Cinema Austríaco distinguidas en festivais internacionais.

As curtametraxes en proxección son  Die beste Stadt ist keine Stadt, de Christoph Schwarz (2019, 15 min);  Der Wächter, de Albin Wildner  (2019, 33 min);  Topfpalmen, de Rosa Friedrich (2020, 20 min); e Die Waschmaschine, de Dominik Hartl (2020, 24 min). 

A sesión contará coa presentación de Sebastian Windisch. 

 

Programa do ciclo
Programa do ciclo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2022.