Ir o contido principal

Proxección de curtametraxes e fallo do xurado do VII Findecurta

7/05/2022 - 22.30 horas

Lugo
Praza de Santa María

Os actores e directores de dobraxe lugueses Alicia Taboada e Matías Brea e o coordinador do certame, Bruno Maez, integran o xurado dun VII Findecurta que dará a coñecer a proposta gañadora no marco dunha gala aberta que comeza ás 22.30 horas

Carátula do VII Findecurta
Carátula do VII Findecurta

A sétima edición do certame cinematográfico en lingua galega Findecurta, unha iniciativa promovida polo Espazo de Cine da Área de Cultura da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, bota o pano este venres, a partir das 22.30 horas, na luguesa Praza de Santa María, coa proxección das dez propostas cinematográficas presentadas ao certame, das que so 9 entrarán na fase de concurso. A curta máis valoradas polo xurado recibirá unha gratificación en metálico de 400 euros e a proposta mellor considerada polo público tamén será proxectada na próxima edición da Semana de Cine de Autor de Lugo, unha cita na que concorrerán ao premio do público á mellor curtametraxe galega.

Os actores e directores de dobraxe lugueses Alicia Taboada e Matías Brea e o coordinador do certame, Bruno Maez, integran o xurado dun VII Findecurta cuxa temática xirou arredor dos pecados capitais e no que tomaron parte un total de 10 equipos. Destes, nove presentaron a concurso as súas respectivas creacións audiovisuais, que serán as proxectadas esta noite nunha sesión de cine ao aire libre. Ao remate da gala, os membros do xurado darán a coñecer o seu fallo, ao tempo que tamén se someterá a votación a elección do público.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2022.