Ir o contido principal

Ciclo de Cinema Filosófico

Proxección de curtametraxes feitas por mulleres

19.03.2024 | 18.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

Este martes 19 de marzo a partir das 18.00 horas terá lugar unha nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Trátase dunha sesión especial con motivo do Día Internacional das Mulleres (8M), dentro da serie '8M con perspectiva: Actos conmemorativos da Facultade de Filosofía polo Día Internacional da Muller', que organiza a Facultade de Filosofía desde a Comisión de Igualdade de Xénero. Nesta sesión vaise proxectar unha serie de curtametraxes experimentais e documentais feitas por mulleres. A presentación da sesión correrá a cargo de Marta Pérez (coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC) e Miguel López Golán (cineclube Mazarelos). A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.

As pezas que se van exhibir son das seguintes autoras: Germaine Dulac: 'Celles qui s'en font' (1930), 6 minutos; Chantal Akerman: 'Saute ma ville' (1968), 12 minutos; Cecilia Mangini: 'Essere donna' (1965), 28 minutos; Lynne Sachs: 'Same Stream Twice' (2012), 4 minutos; Gunvor Nelson: 'My Name is Oona' (1969), 10 minutos e Deborah Stratman: 'In Order Not to Be Here' (2002), 33 minutos.

 

Cartel da sesión
Cartel da sesión
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2024.