18.06.2025 | 17.30h
Salón de Actos
Última sesión deste curso do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos

A última sesión deste curso do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, será o mércores 18 ás 17:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía coa proxección dunha serie de curtas amateurs realizadas por estudantes e cineastas afeccionados da cidade.
Esta é unha actividade do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Cultura e Estudantes e cun recoñecemento de 2 créditos ECTS para todo o estudantado da universidade compostelá.
A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.
