Ir o contido principal

CineFilo

Proxección de 'Os días afogados'

26.09.2023 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A segunda edición do clube de cinema da Facultade de Filoloxía abre cun diálogo interartístico entre o filme documental 'Os días afogados', de César Souto e Lois Avilés, e a plaquette poética 'Auga a través', de Dores Tembrás

Cartel da nova sesión do CineFilo
Cartel da nova sesión do CineFilo

O salón de Actos da Facultade de Filoloxía acollerá o vindeiro martes día 26 de setembro a primeira sesión do segundo ciclo de CineFilo, o club de cinema da facultade que comezou a súa andaina o pasado curso.

Organizado pola Facultade e coordinado pola Área de Filoloxía Catalá en colaboración co CLM e o Institut Ramon Llull, o cineclub quere ser un punto de encontro a través do cinema das linguas e culturas que se ofrecen na facultade, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade universitaria e veciñanza.

A programación do segundo ciclo (outono 2023), cofinanciado pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, consta de 6 filmes que contan con presentación, un coloquio posterior e, nalgúns casos, a presenza de directores e membros do equipo técnico.

A actividade é aberta e de balde, e ten lugar quincenalmente os martes ás 17.00 horas no salón de Actos da Facultade. O seu seguimento está recoñecido pola Facultade de Filoloxía como formación.

Para máis información, podedes seguir a conta Instagram: @cineFilo.usc

Encontro interartístico 

O vindeiro día 26 de setembro, CineFilo inaugura o segundo ciclo cun feliz encontro interartístico entre cinema e poesía: o documental Os días afogados de César Souto e Luis Avilés, e o micropoemario Auga a través, de Dores Tembrás.

O coloquio, que contará coa presenza da profesora de literatura galega Chus Nogueira e a propia poeta Dores Tembrás, dará voz ao diálogo entre ambas creacións e reflexionará sobre o asolagamento real e simbólico dunha aldea que volve rexurdir a través da imaxe e a escrita sobre a vida dos seus veciños.

Sobre Dores Tembrás

Bergondiño, 1979. Licenciouse en Filoloxía Hispánica en 2001 e en 2008, despois de anos investigando e diferentes estadías en Suecia, Madrid e Buenos Aires defendeu a súa tese doutoral: La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro. En 2009 publicou o seu primeiro poemario, O pouso do fume. A partir dese momento sucédense os traballos poéticos: Esquiagrafías, Diapositivas a clareo, Silabario e Opium. En 2013 gañou o Premio de Poesía Concello de Carral co libro Cronoloxía da urxencia e en 2016 publicou a plaquette Auga a través. O seu primeiro libro de poesía infantil, O peizo que Roque ve la luz en 2012. O seus textos foron traducidos a diversas linguas. En 2014 funda xunto á escritora Antía Otero o proxecto cultural Apiario, cunha área dedicada á formación, con cursos de escrita creativa e poética, e outra á edición de libros.

Programa de sesións do CineFilo para o outono de 2023
Programa de sesións do CineFilo para o outono de 2023
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2023.