Salón de Actos
A sesión está incluída nas actividades promovidas ao abeiro do proxecto ‘Comunidad, conflicto y revuelta en la Galicia rural del siglo XX’ (Coregal), que coordinan Ana Cabana e Alba Díaz Geada

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC acollerá o venres 31 de marzo, a partir das 16.00 horas, a proxección do documental ‘Mujer Guerrilla’, un traballo audiovisual no que catro mulleres comparten as súas respectivas experiencias na guerrilla en México durante a década dos anos 70.
A proxección deste traballo audiovisual encádrase no abano de actividades promovidas ao abeiro do proxecto de investigación ‘Comunidad, conflicto y revuelta en la Galicia rural del siglo XX’ (Coregal), coordinado por Ana Cabana e Alba Díaz Geada.
Ao remate da proxección de ‘Mujer Guerrilla’, o público presente no salón de actos do Complexo Docente do Campus de Lugo poderá participar nun coloquio con Ana Valentín López de Cea, unha das realizadoras deste documental audiovisual que tamén estará presente durante a sesión de visionado.