Ir o contido principal

Proxección de 'Excalibur'

09.04.2024 | 17.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O ciclo CineFilo achégase o vindeiro 9 de abril á súa sétima sesión cun filme Excalibur (1981), que baixo a dirección de John Boorman e con guión de Rospo Pallenberg revisa o mito artúrico. A proxección será ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite

Excalibur recolle os ecos da crise ideolóxica que seguiu ao fracaso das utopías durante a década dos 70 e ao tempo marca un xiro no cinema sobre a Idade Media, no que se anticipa o que logo serían os filmes de fantasía medieval, que culminaron coa triloxía de The Lord of the Rings de Peter Jackson.

Excalibur sobresae ademais polo esteticismo das súas imaxes, inspiradas na arte do século XIX, en especial nos pintores prerrafaelitas e simbolistas, e pola densa rede de referencias culturais na que se basea, que remiten ás obras de Thomas Malory ou Alfred Tennyson e á música de Wagner ou Carl Orff.

 

A proxección enmárcase no ciclo CineFilo
A proxección enmárcase no ciclo CineFilo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2024.