Salón de Actos
Como homenaxe ao escritor Joseph Conrad

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico que organiza o Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía será unha homenaxe ao escritor Joseph Conrad (1857-1924) polo centenario do seu nacemento. Deste xeito, proxectarase o filme Apocalypse Now (1979), de Francis Ford Coppola, na súa versión orixinal, coa metraxe de 2 horas e 33 minutos. Será presentado polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá, Jorge Sacido.
A proxección será este mércores 4 ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, con entrada de balde ata completar a capacidade do espazo.
Trátase dunha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da nosa universidade.