Ir o contido principal

Proxección do filme 'Creatura', de Elena Martín

23.04.2024 | 17.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Proxección do filme 'Creatura', de Elena Martín
Proxección do filme 'Creatura', de Elena Martín

O ciclo CineFilo celebrará o 23 de abril a Diada de St. Jordi con rosas e filme catalán. Nesta ocasión será coa proxección, ás 17.00 horas do salón de actos da facultade de Filoloxía, do filme Creatura, a galardoada fita de Elena Martín sobre os tabús do sexo.

Triunfadora na Quincena de realizadores do festival de Cannes como Mellor Filme Europeo, nominada a 4 Goyas e gañadora de 6 Premios Gaudí, entre eles mellor filme e mellor dirección, Creatura retrata a relación co corpo e o desexo desde a infancia ata a madurez.

A presentación e o coloquio contarán coa presenza de Alana Mejía, directora de fotografía, con quen haberá o privilexio de falar da elaboración do filme e do rostro feminino da nova onda do cinema catalán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2024.