Ir o contido principal

Proxección do filme 'Farha'

21.05.2024 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Actos da Facultade de Filosofía acolle este martes 21 a partir das 18.00 horas unha sesión especial de cine presentada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Na xornada, co lema 'Eterna Nakba. 76 anos do exilio palestino', proxectarase o filme 'Farha' (2021), da cineasta xordana Darin J. Sallam.

O filme fala sobre a experiencia de maduración dunha nena palestina durante a Nakba. A xornada inclúe tamén unha charla a cargo do director do festival Amal, Ghaleb Jaber Martínez. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2024.