09.04.2025 | 18.00h
Salón de Actos

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico que organiza o Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía é o mércores 9 de abril ás 18:00h no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Proxectarase o filme Bo Burnham: Inside (2021), do comediante, cantautor, actor e director estadounidense Robert Pickering "Bo" Burnham.
Trátase dunha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade que conta cun recoñecemento de 2 créditos ECTS para todo o estudantado da USC.
A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.
