Ir o contido principal

Proxección do filme 'A Foreign Song', de César Souto

14.02.2024 | 16.00h-18.15h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Este mércores 14 de febreiro, entre as 16.00 e as 18.15 horas, terá lugar unha actividade promovida polo Decanato da Facultade de Filoloxía e a Comisión Académica do Mestrado de Estudos da Literatura e da Cultura, que inclúe a proxección do filme de César Souto, 'A Foreign Song', e máis unha breve conferencia do director na que procurará encadrar a poesía de Wallace Stevens, obxecto do filme, dentro das manifestacións artísticas do seu tempo. A actividade celebrarase no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

César Souto Vilanova, xornalista que exerce o seu labor na Televisión de Galicia, é tamén poeta e, como tal, autor dos libros Sucesos (2004), Campo aberto (2018) e A herdade (2021). Os seus poemas figuran asemade en A Different Eden / Un Edén diferente (Dedalus Press, 2021), antoloxía de ecopoesía de Irlanda e Galicia. Como director de cinema é autor de Os días afogados (2015), en codirección con Luis Avilés Baquero, e Interregno (2020), codirixida con Fernando Gómez Luna. A Foreign Song (2022) é a súa primeira película en solitario e foi merecente, entre outros recoñecementos, do Premio á Mellor Película Española no Festival de Cinema de Gijón (FICX). Este filme xira arredor da poesía de Wallace Stevens (1879-1955), un dos máis importantes poetas en lingua inglesa do século XX. Constitúe un ensaio sobre o labor poético no que as imaxes filmadas, propias e alleas, entran en conversación cos versos do autor americano, a partir dunha reconstrución dos lugares nos que o poeta desenvolveu unha vida que poderiamos cualificar de rutineira e pouco interesante

O director César Souto
O director César Souto
Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.02.2024.