Ir o contido principal

Proxección do filme 'Off Frame: Revolution Until Victory'

30.04.2025 | 18.00h

Salón de Actos

Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite

O Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía organiza para o mércores 30 de abril, ás 18:00h no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, a proxección do filme Off Frame: Revolution Until Victory (2015), do cineasta kuwaití Mohanad Yaqubi.

O filme é un documental que explora, a través de imaxes documentais recentemente descubertas, a historia moderna do pobo palestino. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo. Achégase o cartaz da sesión.

Esta nova sesión do Ciclo de Cinema Filosófico enmárcase no proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Cultura e Estudantes e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da nosa universidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.04.2025.