Ir o contido principal

Ciclo Cinefilo

Proxección do filme 'Palomita blanca'

12.12.2023 | 17.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

A película de Raúl Ruiz foi censurada antes da súa estrea en 1973

Cartel promocional da proxección
Cartel promocional da proxección

O martes 12 de decembro Cinefilo pecha o seu segundo ciclo (outono 2023) coa emblemática obra de Raúl Ruiz 'Palomita blanca'. Filme censurado antes da súa estrea en 1973 polo golpe de Estado en Chile, non sería até mediados dos anos 90 que se proxectaría por primeira vez e recobraría a súa importancia paulatinamente como un reflexo histórico do Chile previo á ditadura.

Baseada na célebre novela homónima de Enrique Lafourcade, 'Palomita blanca' narra a historia dunha adolescente chilena e o transcurso da súa vida durante as eleccións presidenciais de 1970. A historia, dun ton realista, é contada en primeira persoa pola protagonista, quen expresa as súas inquedanzas e aspiracións de futuro.
 

O filme proxectarase, excepcionalmente, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e a presentación e o coloquio irán a cargo de Juan José Ulloa, estudante do Grao en Linguas e Literaturas Modernas.  A actividade é aberta e de balde, e está recoñecida pola Facultade de Filoloxía como formación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.12.2023.