17.04.2024 | 18.00h
Ciclo de Cinema Filosófico

Este mércores 17 continúa o Ciclo de Cinema Filosófico organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía (USC) coa proxección, ás 18:00 horas no Salón de Actos, do filme Portrait d'une jeune fille de la fin des années 60 à Bruxelles [Retrato dunha moza a finais dos anos 60 en Bruxelas] (1994), de Chantal Akerman (VOSE, 63 minutos).
Trátase dunha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía e fai parte do miniciclo LGTBIQ+, organizado polo Cineclube Mazarelos. A presentación da sesión correrá a cargo de Beatriz Guillén Aleluia.
Entrada de balde ata completar aforo.