Ir o contido principal

Ciclo CineFilo

Proxección de 'Ghost in the Shell'

20.02.2024 | 17.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

A terceira sesión deste semestre do ciclo de proxeccións CineFilo da Facultade de Filoloxía será este martes 20 de febreiro a partir das 17.00 horas no Salón de Actos. A asistencia é libre ata o límite da capacidade do espazo e a actividade é aberta e conta co recoñecemento dun crédito transversal para todo o estudantado da USC.

Nesta ocasión, proxectarase o filme de animación xaponesa Ghost in the shell (1995) dirixido por Mamoru Oshii e considerado un clásico da ciencia ficción e do cyberpunk ao nivel de títulos coma Blade Runner (1982) do director Ridley Scott. O filme, que cuestiona os límites entre o natural e o artificial nun mundo poshumanista, tivo un grande impacto cultural e influíu na creación de obras coma The Matrix (1999) das irmáns Wachowski ou A.I. Artificial Intelligence (2001) de Steven Spielberg.

Cartel da sesión do 20 de febreiro
Cartel da sesión do 20 de febreiro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2024.