Ir o contido principal

Ciclo CineFilo

Proxección de 'Les glaneurs et la glaneuse'

27.02.2024 | 17.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Este martes 27 de febreiro o ciclo CineFilo achégase a unha das figuras máis destacadas do cinema francés, Agnès Varda. Faino da man dun dos seus filmes máis destacados, Les glaneurs et la glaneuse (Os espigadores e a espigadora), realizado en 2000. O filme simultanea a atención de Varda por xentes que viven da rebusca co seu propio interese, cinematográfico, pola rebusca de imaxes e historias, o que fai dela unha "espigadora" máis, como o mesmo título indica. Discretamente, da man dunha pequena cámara de video, Varda lévanos moito máis aló do que a un documental; ábrenos a un modo de ver o mundo.

Cartel da sesión
Cartel da sesión
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2024.