Ir o contido principal

Proxección de 'Gorrións entre tulipáns. Soños rotos detrás do burka'

06.11.2024 | 19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Detalle do cartel. Acuarela de Edurne Lesta
Detalle do cartel. Acuarela de Edurne Lesta

Este mércores 6 de novembro estréase na Facultade de Filosofía o documental 'Gorrións entre tulipáns. Soños rotos detrás do burka', de Anna Amorós Pons. Será no Salón de Actos do centro a partir das 19.00 horas e a entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.

O acto será presentado polo decano de Filosofía, Xavier de Donato, e contará coa presencia da refuxiada afgá Rahila Raya; da presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez, e da directora e guionista do filme, Anna Amorós Pons. Previamente ao inicio do acto terá lugar a presentación das ilustracións en acuarela de Edurne Lesta para o documental.

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2024.