29.03.2023 | 18.00h
Un filme de John Cameron Mitchel

O Cineclub Mazarelos da Facultade de Filosofía programa o mércores 29 de marzo ás 18.00 h a proxección en VOSE do filme Hedwig and the angry inch (2001), do cineasta estadounidense John Cameron Mitchel.
O pase, que será presentado por Bea Guillén e Miguel López Golán terá lugar no Salón de Actos do centro e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.