26.10.2022 | 18.00h
Un filme de Philip Kaufman

O Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclub da Facultade de Filosofía (USC), programa o mércores 26 de outubro de 2022 ás 18.00, a proxección do filme A invasión dos ultracorpos [Invasion of the Body Snatchers] (1978), do cineasta estadounidense Philip Kaufman.
A proxección, en versión orixinal subtitulada en español, terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filosofía con entrada de balde ata completar a capacidade da sala. A sesión, cuxa presentación correrá a cargo de correrá a cargo de José María Rodríguez Ramos, forma parte dun miniciclo de cinema de terror que se estenderá ata o 2 de novembro.