18.10.2023 | 18.00h
A presentación da sesión correrá a cargo de Manuel Pérez Otero

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, terá lugar o mércores día 18 de outubro ás 18.00h na Aula 1 (Planta baixa da Facultade, Praza Mazarelos s/n, Santiago de Compostela). Vaise proxectar o film L’année dernière à Marienbad (1961), de Alain Resnais (VOSE). Esta é unha actividade do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade de Filosofía. A presentación da sesión correrá a cargo de Manuel Pérez Otero (LOGOS, Facultat de Filosofia, Universitat de Barcelona). Entrada de balde ata completar a capacidade do espazo.