Ir o contido principal

Ciclo de Cinema Filosófico e Ciclo de Cine LGBTIQ+

Proxección de 'Lawrence Anyways'

01.06.2022 | 18.00h-20.30h

Salón de Actos
Santiago de Compostela

Un filme do cineasta canadense Xavier Dolan

Proxección de 'Lawrence Anyways', de Xavier Dolan
Proxección de 'Lawrence Anyways', de Xavier Dolan

A Facultade de Filosofía da USC programa para o vindeiro mércores, 1 de xuño, unha nova proxección do Ciclo de Cinema Filosófico. Desta volta, o filme en proxección é Lawrence Anyways, do cineasta canadense Xavier Dolan. A actividade forma parte tamén do ciclo de temática LGBTIQ+ que organiza a comisión LGBTIQ+ da Asemblea de Filosofía. 

A proxección, en versión orixinal subtitulada en español, arrancará ás 18.00 horas no Salón de Actos do centro, e a presentación correrá a cargo de Miguel López Golán. 

A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2022.