17.12.2024 | 17.00h
Salón de Actos
Co cativador Lazzaro felice, o segundo dos tres filmes de Alice Rohrwacher dedicados, segundo a propia autora, á historia, mais a unha historia viva e presente, o ciclo CineFilo trae unha fábula fantástica a rentes da realidade sobre unha familia fóra do tempo, situacións extraordinarias e cotianidades marxinais. Trátase dunha película que consolidou a súa directora como unha das máis unanimemente aclamadas pola crítica e o público internacionais, renovadora da tradición do neorrealismo italiano.
No coloquio posterior falarase da posibilidade da inocencia, do éxodo rural, da historia de Italia, do seu cinema, da amizade e a familia ou da natureza do tempo.