Ir o contido principal

Ciclo de cinema 'DACH-Kino'

Proxección de 'Das Leben der Anderen'

29.03.2022 | 19.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

O principio DACH baséase no recoñecemento fundamental da diversidade dos países de fala alemá, principalmente Alemaña, Austria e Suíza.

Fotograma de 'Das Leben der Anderen' ('A vida dos outros', Alemaña, 2006)
Fotograma de 'Das Leben der Anderen' ('A vida dos outros', Alemaña, 2006)

O Centro de Linguas Modernas da USC, o​ lect​orado do Deutscher Akademischer Austauschdienst (DAAD) e Österreichischer Austauschdienst (OeAD), en cooperación co Foro Cultural de Austria en Madrid, a AT Filmakademie e o Goethe-Institut organizan 'DACH-Kino', un ciclo de cinema arredor dos filmes dos países de lingua alemá que pretende dar a coñecer a súa riqueza e a diversidade cultural e lingüística. 

Coordinado por Laura Stupperich, Sebastian Windisch e José Manuel Pérez Pena, o ciclo programa do 29 de marzo ao 10 de maio unha serie de seis filmes que destacados das cinematografías alemá, austríaca e suíza. Todas as  proxeccións serán os martes ás 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

A primeira das sesións terá lugar o martes 29 de marzo coa proxección de Das Leben der Anderen (A vida dos outros, Alemaña, 2006), dirixida por Florian Henckel von Donnersmarck. Contará coa presentación de Laura Stupperich. 

Sinopse

O capitán da Stasi, Wiesler, ten que espiar o dramaturgo Dreymann e a súa esposa Christa-Maria Sieland. Este encargo ofrécelle a visión dun mundo de liberdade de pensamento e amor que lle é completamente alleo. Entón comeza a cuestionar a Stasi, os seus métodos e intencións e decátase de que el tamén está máis implicado no sistema do que pensaba.

Programa do ciclo
Programa do ciclo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2022.