08.05.2024 | 18.00h

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía (USC) será este mércores 8 de maio ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Vaise proxectar 'Tulitikkutehtaan Tyttö' ('A moza da fábrica de mistos'), filme de 1990 do cineasta finés Aki Kaurismäki (VOSE, 66 minutos). Esta é unha actividade do proxecto 'Cultura en Mazarelos' da Facultade de Filosofía. A presentación da sesión correrá a cargo de Martín Paradelo e Nil Farré. A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.
